Iolanda Eiras en leCRAS

Ainda que xa pasou o primeiro trimestre, queremos recordar hoxe a participación de Iolanda Eiras na sesión inaugural do curso 2012/2013 de leCRAs.

Iolanda foi a nosa fada madriña na primeira sesión de leCRAs, ala polo mes de outubro do 2011 e estase a converter no noso talismán de inauguración. Desta volta sorprendeunos cunha versión musicada de Ranilda.

De novo grazas Iolanda pola túa disposición e colaboración!!