Insectos en leCRAs

A última sesión de leCRAs adicamola aos insectos. Unha tarde chea de contos que rematou cunha manada de xoaniñas repartidas por moitas casas de Dodro. Os nenos portáronse xenial, os adultos portáronse xenial, gozaron manexando os libros e escoitaron os contos con moitísima atención. Estes son os libros que traballamos nesta sesión:

insectos (124)

Especial mención  e agradecemento á Asociación de veciños de San Xoan de Laiño que nos permite, temporalmente, realizar as sesións de lecras no seu local.

A poesía inunda leCRAs, da man da man de Anxo Angueira

Este mércores tivemos unha sesión moi especial en leCRAs. Para festexar, por adiantado, o día internacional da poesía contamos coa presenza do noso veciño e escritor Anxo Angueira. Grazas a el descubrimos a sonoridade da poesía e que entre os nosos nenos e nenas temos moitos poetas. Aquí tedes só un pequeno adianto desta magnífica tarde.