Quen somos?

Seguro que na vosa casa, cantas veces non pensastes o privilexio que temos de manter as nosas tradicionais escolas unitarias, hoxe enriquecidas con todos os adiantos tecnolóxicos e cos mellores recursos humanos, cos que calquera gran centro non pode nin sequera soñar…

Nós tamén o pensamos e un día xuntámonos e cavilamos en alto… que podemos facer? Que podemos argallar para exteriorizar toda a valía deste centro? Sobre todo agora que veñen malos tempos para a ensinanza pública e peores aínda para a ensinanza rural.

Buscamos algo que todos puideramos ter en común e así aparece o infinito mundo das LETRAS… As letras plasman todo o que acontece no noso mundo e nos mundos da fantasía e do soño. As letras fan posible a comunicación e a imaxinación, nárrannos historias incribles e fabulosas de grandes heroes e de pequenas criaturas…

Os nosos nenas e nenas están vivindo agora mesmo o espertar a ese mundo, ao mundo inabarcable das letras, das palabras… acompañámolos mentres repasan esas letras, mentres descobren cada trazo e á vez… lémoslles historias que os trasladas a novas paisaxes…

Desta xuntanza tan especial, da xuntanza entre o noso benquerido CRA e as letras que percorren a nosa vida nace leCRAs, un grupo de familias que a través do fomento e animación á lectura quere potenciar o CRA. Nacemos dirixidos inicialmente a nenos e nenas de 3 a 7 anos e ás súas familias, pero coa ilusión de chegar a xuntar dinámicas de lectura para a xuventude e os adultos… todo se andará…

Contamos coa participación e apoio incondicional do Claustro de profesores do CRA de Dodro aos que desde xa queremos agradecer a súa implicación neste proxecto en concreto e no proxecto de cada un dos nosos fillos de xeito particular.

Ocorréusenos realizar dinámicas quincenais de lectura e posta en común de contos que pouco a pouco se iran propoñendo para descubrir un dos elementos máxicos das obras literarias: a súa transformación en múltiples historias, tantas como lectores teña, xa que calquera libro, ao pasar pola experiencia e imaxinación dun lector se converte nunha historia distinta e única.

Queremos contar, obviamente, coa máxima participación. Por iso pedímosvos que fagades de leCRAs un proxecto propio. Que esta proposta inicial sexa só o punto de partida… e que entre todos academos un espazo no que contar e relatar, no que reencontrar a nosa BiblioteCRA e no que sentir e amosar o orgullo e privilexio de pertencer a estas escolas rurais, ao CRA de Dodro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s