Estamos de volta!

Despois de moito tempo retomamos a actividade no blog!

Este foi un ano moi completo, cheo de contos, actividades e lecturas compartidas. Temos moito que festexar, pois xa facemos catro anos. Dito así non parece moito, pero se mirades as imaxes da galería de anos anteriores veredes que é un mundo. Os nosos pequenos xa non son tan pequenos, medramos todos xuntos, e as ganas de ler e compartir medraron con eles.

Na inauguración do curso contamos coa presenza de Pablo Díaz que nos fixo cantar, bailar e desfrutar ca música do seu ”Toc Toc”. Xa case a piques de rematar a ilustradora Irene Silva introduciunos no mundo do teatro cun lobo feroz moi especial.

A noite na biblioteca volveu ser espectacular, gracias a Antía Vicente e a Álvaro Fraga por compartir o voso tempo coas nosas familias. Sodes o reflexo de que as educación dos nosos pequenos non corresponde só as escolas e as familias, senón que corresponde a toda a comunidade, e moito máis no rural.

Ao longo deste curso de lectura estivemos arroupados polas profes do CRA. Con Neli e Mónica viaxamos polo mar con Nadarín e coas profes Cati e Mónica desfrutamos dun rebumbio de cores.

Queremos agradecer a colaboración das familias que se implican, das persoas que nos visitan, das profes do CRA e de todos aqueles que ao fin, fan posible que poidamos cumprir catro anos. Esperamos que sexan moitos máis!

Deixamovos no noso facebook un resumo non deste ano como cabería esperar, se nón do curso pasado, no que sabemos que falta xente. De antemán pedirvos diculpas a todos os que non estades, pero é por un único motivo: que saiades guapísimos todos.

Tentaremos que a actividade que levamos a cabo nas redes socias, tanto en Facebook coma en Twitter sexa extensible ao blog. Faremos o que poidamos… e cando consigamos recuperar todalas fotos do curso 2014/2015, faremos outro estupendo vídeo.