Invitada estrela en +leCRAs

Dende o primeiro transmitiunos o seu apoio polo traballo deste Club de lectura. A través dun amigo común tivemos contacto e mostrou o seu interese en que participaramos no programa cultural da TVGalicia, ZigZag Diario.

Para nós, este minireportaxe foi todo un acontecemento. Pertencemos a un pequeno concello, a unhas pequenas escolas, a un mundo rural que na actualidade non esta moi cotizado…e dous minutos e medio na tele foron toda unha revolución!

En canto lle propuxemos achegarse á nosa Piteira non o dubidou, aceptou encantada traer a súa mosca da tele e pasar unha tarde cos nosos nenos. Deste xeito, nesta sesión de +leCRAs, Maria Solar, bióloga, escritora, xornalista e mestra, comentará con todos os que nos acheguemos á Piteira este divertido libro e, seguro que tamén, compartirá algunha das súas experiencias no mundo da televisión!!Cartel + lecras_Mosca

Advertisements