Moito que contar!

Temos moito atrasado, este foi un trimestre de moito traballo en leCRAs.

Comezou a camiñar a nova sección para os lectores autónomos. Unha sección que non pretende fomentar demasiado esa autonomia, se non, máis ben, fomentar que todos leamos. Nenos e pais, nais, avós…que o libro que traballemos o fagamos todos e todos disfrutemos con novas lecturas.

Así, en +leCRAs lemos “O misterio da casa do Pombal” de Fina Casalderrey, publicado na colección azul do Barco de Vapor e “A pastelería de Dona Remedios” de Agustín Fernandez Paz da editorial Rodeira. Os dous títulos entusiasmaron aos ávidos lectores e despertaron unha gran participación nas sesións conxuntas.

20131204_184101Da man de Susa Herrera cumplimos dous anos de traballo e festexamos o inicio do terceiro curso de leCRAs. Iniciamos as sesións de leCRAs con novos membros na familia (a escola de Bexo comeza a coller ventaxa na participación) e con novos títulos por explorar.

20131016_184517

Celebramos Samaín e Nadal, e non faltou o chocolate, os churro, as letras e as cores

cartel 18_12_13

Fomos ao Culturgal, onde coñecemos e nos coñeceron, onde compartimos e aprendemos. Foi para leCRAs un pracer, un privilexio e unha fiestra aberta.

Tamén as lectoras-tecedoras do CRAlcetando seguen camiño, desta volta coas “Rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes e publicado por Xerais. Para quen queira unirse ainda esta tempo de pasar pola Piteira o 11 de xaneiro e pasar un ratiño á calor dos fios e os libros.

Rematamos na Festa de Nadal do CRA, unha festa feita por todos e para todos, na que leCRAs puxo risas, gaiteiros e teatro coa “Voda do ulga e o piollo”. paga a pena esperar por todos os docuemntos gráficos e audiovisuais que sairon….prometemos incluílos moi pronto!

Advertisements