MEDRAMOS!

Fai dous anos xa que comezamos a ler xuntos.
Fai dous anos que nos xuntamos para escoitar, participar, descubrir, aprender, coñecernos e medrar.
Fai dous anos que somos leCRAs!
Nestes dous anos fomos cambiando: os baixos dos pantalós cada vez subian un pouquiño máis, ata ter que mudar de talla. Os números que aprendiamos na escola cada vez máis complexos…ata sumalos e restalos. Cada vez máis autónomos e curiosos, cada vez MÁIS MÁIS!
E así chega +leCRAs, para medrar con nos, para poñernos novos retos, para sacarlle o punto divertido á lectura, para aprender, comprender, investigar e soñar coas letras, para ser algo MÁIS.
Viaxaremos por todo o mundo, real e imaxinado. Vinde buscar o voso pasaporte o mércores día 9 de outubro, repártense na Piteira!!!Cartel_09.10.13