A unión fai a forza

Ollade a foto, case poderiamos dicir que é a mellor de leCRAs:

_DSC0057

 

O 29 de xuño puxemos o punto e seguido nas actividades de leCRAs, e fixémolo, como xa ven sendo costume, cunha andaina literaria, desta volta, co formato de búsqueda do tesouro.

Unha búsqueda marcada por pistas que fomos atopando nos distintos libros que lemos durante o curso: Frederik, A sopa queima, Pequeno azul e pequeno amarelo, A avoa do novelo branco….Todos eles nos levaron a un gran tesouro formado por libros para completar a BliblioteCRA da nosa Piteira.

Todos xuntos, pasiño a pasiño, xuntaron as pistas e acharon o tesouro, isto é leCRAs, ou isto pretende ser: un xeito de unir forzas para acadar o mellor dos obxectivos, e todo isto, rodeado de lecturas e historias a compartir.

O día seguiu cuha gran e riquísima paella, coa visita da Ciclobiblioteca e coa ilusionante actuación das Rosalías eléctricas que recitaron a rimo de rap versos de Rosalía de Castro.

Un día de convivencia perfecto para pechar un curso de traballo e diversión, voltamos moi pronto!!!