Contos raros

Case a piques de rematar plantexamos unha sesión rara, unha sesión na que unha formiga con corpo de avespa e un elefante se namoran, na que unha princesa non para de bocexar e na que descubrimos o absurdo que é que che traten mal por ser diferente da man de Makeke.

A última sesión de leCRAs deste curso 2012/2013 contou coa colaboración dunha amiga habitual do noso Club de lectura, Paula Rial Dieste. Paula que o ano pasado nos achegara o mundo do circo, este ano trouxo con ela xogos raros, xogos alternativos.

O paracaidas e as indiacas foron as estrelas da tarde, sempre co permiso dos contos, e puidemos redescubrirnos con presentacións divertidas, construir a nosa tenda de campaña, xogar a indios e vaqueiros e facer palomitas con pelotas.

Un fin de curso perfecto que terá o seu remate o vindeiro sábado día 29 de xuño cunha xornada que se presenta cargadiña de andaina, búsqueda do tesouro, megapaella colectiva, contos, música e ata rap…preparade os complementos de piratas que empeza outra historia…..20130626_184917_1