Máis poesía

En leCRAs encaramos a recta final do curso cunha das últimas sesións adicada á poesía que se celebrará mañán mércores 12 de xuño a partir das 17:30 horas na Piteira.

O ano pasado da man de Anxo Angueira tivemos ocasión de comprobar canto interés desperta nos máis pequenos este xénero literario que, polo xeral, temos algo esquecido.

Desta volta e tamén cun invitado de excepción retomaremos e recitaremos poesía.

O profesor e escritor Carlos Negro visitará o club de lecturae de seguro virá cargado de propostas interesantes para aprender a disfrutar, apreciar e traballar coa poesía.

Presentación1

Tamén recitaremos unha das poesías máis coñecidas polos nenos e nenas de leCRAs e que a nova plataforma editorial Bailarete publicou recentemente nun formato adaptado ao público infantil, a Alborada de Rosalía de Castro.

alborada

E se nos queda tempo, algún traballiño temos preparado!!!