Redescubrindo xogos

Onte realizamos unha sesión adicada aos xogos populares e tradicionais, onde todos (grandes e pequenos) acordamos que estes xogos poden ser moito máis divertidos que calquera consola, televisión ou aparato “moderno”. Estes xogos resultaron ser case case tan diviertidos como algún libro…case case, eh! que os libros seguen tendo o poder de facernos xogar e soñar, non o esquezamos!

Iniciamos a sesión lendo un par de contos moi relacionados coa temática da sesión: “Os Bolechas xogan ás agachadas” e “Carreira de sacos”.

_DSC0031 _DSC0017

Nesta sesión contamos coa perfecta colaboración de AGXPT, Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional que da man de Xose, Belén e Gloria achegaronnos os xogos, explicacións, experiencia e sobre todo, transmitíronnos as ganas por xogar.

Gloria fíxonos unha pequena explicación da importancia destes xogos e acto seguido comezou a tolería: a rá, os tiratacos, tiro á lata, carreira de tartarugas, pesca de botellas, os zancos (un éxito!!) os aros, carreiras de sacos, lanzamento de boinas e ata carrilanas!!!

_DSC0034 _DSC0045 _DSC0054 _DSC0064 _DSC0125 _DSC0134 _DSC0150 _DSC0156

Non podemos deixar de dar as grazas e recoñecer o fabuloso traballo de Xose, Belén e Gloria e de toda a Asociación á que representan e desexar que non paremos de ler e xogar!!!!

Podedes ver todas as fotos desta sesión no seguinte enlace: https://www.facebook.com/#!/media/set/?set=a.364407367004625.1073741828.100003060944669&type=3