II Edición da Noite na Biblioteca

Achégase a festa das nosas letras, unha data especial para este club de lectura.

Ao igual que o ano pasado, o 16 de maio, pasaremos a noite na biblioteca, este ano na do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Para leCRAs a Noite na Biblioteca é unha vía máis para que os máis pequenos poidan achegarse aos fondos bibliográficos, catalogacións e instalacións propias dunha biblioteca, e que engade un compoñente de aventura e diversión que fai máis atractivo este lugar e, polo tanto, contribúe a fomentar e despertar a curiosidade dos máis pequenos.

Consideramos tamén de vital importancia realizar actividades dentro das bibliotecas, para que tanto nenos como adultos teñan a escusa perfecta para acceder a estos espazos e a facilidade para manipular os fondos que nelas existen de xeito que podan ir perfilando os seus gustos e preferencias.

 

Preparamos unha noite con lecturas e cea compartida (que cada quen achegue o que queira), con visitas cheas de sorpresas, coma a de Manuel Lorenzo Baleirón (premio Xerais 2012).

 

Desde leCRAs queremos invitar a todas as familias, alumnado, exalumnado, profesorado do CRA e do CPI e veciños en xeral a pasar unhas horas na calor dos libros e na boa compañía de grandes pequenos lectores!Cartel_biblioteca_2013

Advertisements