Tres minutos de nós…

Cando nos falaron de gravar parte dunha sesión de leCRAs, recoñecemos que nos fixo moita ilusión….o noso pequeno Club de lectura ia ter un anaco na TVG!!!!

A iniciativa demorouse á espera de inaugurar a nosa Piteira e o pasado 17 de abril chegarón á nosa porta Marta, a redactora, e o cámara do ZigZag Diario.

Era unha sesión un tanto especial para nós, por  motivos alleos a ese, xa que estaba moi próxima á celebración do Día Mundial do Libro e achegábase á Piteira por primeira vez (e seguro que non última) o profe José da escola unitaria de Bexo.

A estes dous acontecementos uníronse os profesionais do ZigZag Diario que se acoplaron á nosa actividade sen percatarnos apenas da súa existencia.

Desta tarde compartida sairon tres minutos do ZigZag, programa cultural da Televisión de Galicia presentado por Maria Solar e máis que recomendable pola temática que aborda que, por desgracia rara vez ten cabida na programación ordinaria.

O pasado 29 de abril na TVG2 emitiuse a reportaxe sobre leCRAs, sobre quenes somos e que facemos, sobre que queremos e como o perseguimos, sobre os contos e os nenos, sobre as escolas e o contorno, todo iso en 3 minutos.

Non podemos deixar de expresar o noso agradecemento a Xoan Xose por pensar que mereciamos eses 3 minutos, a Maria Solar polo seu interese e dispoñibilidade, aos reporteiros que pasaron a tarde na Piteira, a todos os que difundides cada letra que se lee en leCRAs, e por suposto, ás familias que fan posible que cada quince días se escoiten contos nun cachiño da nosa terra.

Por se o perdechedes, aqui esta leCRAs:

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/zigzag-diario-club-de-lectura-lecras-de-dodro#.UYJHJVKtizI.facebook

 

 

 

Advertisements