Sesión aberta en leCRAs

Seguindo coa celebración do Dia Mundial do libro en leCRAs, realízase este martes 30 de abril unha sesión extraordinaria.

Este martes 30 de abril a partir das 17:30 horas están invitados grandes e pequenos co único requisito de que traian un libro. Un libro para mostrar e explicar. Un libro que por algún motivo sexa especial e queiran compartir con todos os que alí se den cita.

Trátase de realizar unha xuntanza sen límites de idade na que se poña en común o gusto pola lectura, na que os pequenos podan visualizar aos maiores como lectores e anime a súa inquedanza lectora e na que os maiores comproben o futuro lector que esta medrando en cada neno.

Dende leCRAs, o club de lectura do CRA de Dodro animamos tanto aos veciños da zona como ao que queira vir dende lonxe a que pase pola Piteira (no recinto da Paxareira en Dodro) a ensinarnos que lee e porquéCartel_30.04.13.

Advertisements