FESTA!!!!

O pasado 27 de marzo houbo festa na Piteira.

Xa temos falado bastante do novo local no que se desenvolverán as sesións de leCRAs e que confiamos en que sirva de punto de encontro para outras iniciativas en prol da cultura e o desenvolvemento do noso entorno…pero falta que os vaiamos poñendo documentos gráficos do ben que o pasamos na nosa festa de inauguración.

Aqui vos deixamos os videos da actuación de Cé Orquestra Pantasma, a quen non podemos menos que agradecerlle infinitamente a súa rapidez en aceptar a nosa invitación e a súa actuación que fixo gozar a pequenos e grandes.

Para os que viñechedes e tendes ganas de recordalo e para os que volo perdéchedes, aqui tendes a banda sonora da inauguración da Piteira.