A Piteira

Como moitos xa sabedes, nestes pasados días andivemos de celebración, xa chegarán as fotos e a crónica desa festa, pero de momento deixamos aqui o resumo do que foi a transformación da nosa Piteira.

Foron moitos días de traballo pero todo pagou a pena…no momento en que os ennos de leCRAs comezaron a entrar pola porta xa estaba recompensado todo o invertido.

Dende aqui tamén o chamamento para todo aquel que teña algunha proposta cultural, educativa ou de ocio, a Piteira ten aspitación de ser un espazo de encontro e estar aberta a calquera iniciativa que traballe a prol do desenvolvemento do Noso, a nosa terra, a nosa xente…esperámosvos entrando á Paxareira á esquerda!