Este mércores escoitaranse miaños na Piteira

Aínda que debemos unha entrada que resuma (se iso é posible) o increible que foi a festa de inauguración do novo local, hoxe resulta urxente avisar de que esta tarde de mércores 3 de abril temos sesión de leCRAs.

Para manter alexados aos roedores, na nosa primeira sesión na Piteira tentaremola encher de gatos.

Xa queda algo lonxe o primeiro conto leido por un pai, non saberiamos dicir se foi Miguel o de Antia e Sandra, ou o de Sara ou pode que o pai de Xian, dende entón xa pasaron moitos contos e xa se converteu en algo totalmente habitual…e este mércores fan pleno xa que todos os contos viran de voces masculinas…toca miañar!!!Cartel_03.04.13