Mudámonos á Piteira

Xa fai tempo que tíñamos ganas de publicar esta entrada…leCRAs comezou a súa andaina como un pequeno proxecto dirixido a grandisimas persoas, aos nosos nenos e nenas, aos nenos e nenas do CRA de Dodro.

Esta semana leCRAs da un paso de xigante, coma o de aquel xigante Baldras co que iniciamos as lecturas nunha calurosa tarde de 2011 na Escola de Chenlo.

Pasamos polas escolas de Chenlo, Lestrove e Vigo (ainda temos pendiente a visita á escola de Bexo) e oxalá que tamén haxa oportunidade de abrir as portas da unitaria de Teaio. Pasamos pola Biblioteca do Concello e pola escola de arriba de Imo, e adoptamos como fogar nos ultimos tempos o local do Montiño de Imo, (grazas á Asociación de Veciños que nos deixou acampar nel!).

Pero desta volta mudámonos á casa propia, de seguro que en moi pouco tempo será o noso fogar,cada quen atopará o seu rincón favorito,  será lugar de compartir, compartir contos e proxectos, espazo aberto a toda iniciativa que puxe a prol do desenvolvemento do noso rural, da nosa terra, da nosa xente…e por suposto, espazo aberto á cultura, á lectura e ás familias.

Non hai moito que engadir, a Piteira ábrese o mércores 27 ás 5 da tarde para todos, e a partir dese momento tomará vida propia…e quen sabe…ao mellor hai que pensar en darlle un alto á casa…..Inauguración