8 de marzo

Van pasando as sesións de leCRAs e para ben ou para mal a maioria das contadoras son nais, avoas, amigas….Esa é unha das razóns polas que hoxe queremos adicar de xeito especial esta entrada a todas elas, todas as mulleres contadoras de contos, de historias. Para todas as mulleres que de unha ou outra forma traballan para despertar nos cativos a ilusión e o gozo pola e coa lectura.

E para que esa lectura teña tamén un “extra” de mensaxe, recollemos aqui a proposta de dúas editoriais para este día

lecturas OQOLecturas-en-feminino_mar13-717x1024

Aproveitando este día, non queremos deixar de facer mención á nova iniciativa de leCRAs, ese ratiño que sacamos cada mes e medio para leer, calcetar e o que xurda, ese CRAlcetando que de seguro irá medrando co tempo.

Hoxe parécenos un día especialmente bo para mencionar o libro sobre o que estamos traballando, “O club da calceta”, de Maria Reimondez, escritora, traductora e intérprete e activista pola feminismo e o desenvolvemento dende o enfoque de xénero.