CRAlcetamos?

Despois dun ano e medio de andanza de leCRAs comezou a cabeza ás voltas sobre a posibilidade de facer unha actividade para os adultos: papás, mamás, avós, avoas e incluso abrila a todo aquel que quixera ainda que non participe en leCRAs.

De esa teima, apareceu esta idea, a idea de xuntarnos para comentar algunha lectura interesante, e a idea de xuntarnos e recuperar e compartir unha actividade manual ilusionante como é a calceta.

Asi nace este grupo de CRAlcetamos, no que sen perder os nosos orixenes e o noso punto de encontro que é o noso CRA, pretende acadar un acolledor espazo no que lermos, cralcetarmos e compartirmos…

O sábado 23 de febreiro, ás 6 da tarde faremos a primeira xuntanza na escola de arriba de Imo, se che gusta a idea vente! Pero se non tes moi claro se estarás a gusto ou non….ven, proba e se queres quedas!!!Cartel_CRAlceta