Sopramos a vela e tiramos para adiante!!

Xa fai un ano…

Tarde de calor e algúns nervios. Varios nenos e nenas sen saber moi ben a que viñan. Dous profesores cunha implicación que vai moito máis alá do que lles corresponde (gracias!). Unha escritora local con moitas ganas de colaborar…e un conto de fondo con música incluida. Esa tarde foron a lo menos tres: “Chocolata”, “Os chivos chivóns” e “Baldras, o xigante”.

Foi un ano cheo de descubrimentos: o poder dos contos, o calor das familias veciñas, o gratificante de encontrar colaboradores alleos, a ilusión por un novo teito e o fortalecemento de vínculos son algunhas das moitas sorpresas e alegrias que nos trouxo leCRAs.

Non podemos ocultar que tamén tivemos sombras: o peche dunha escola do noso CRA é das peores noticias que o puidemos recibir. Lonxe de decaer debemos seguir unindo esforzos sen perder de vista a nosa motivación inicial de defensa e potenciación do CRA de Dodro.

E agora aqui estamos, preparando a nosa torta de aniversario en forma de tarde de lectura, contos e reencontros.

Parabéns para todas as familias de leCRAs, parabéns a todas as que disfrutan dunha cadeira nas nosas unitarias…o mércores 17 de outubro ás 6 da tarde estades todos convidados á Escola de Lestrobe para cumplir moitos máis!