Entrevista co grupo da Bibliotecra do CRA de Dodro

Poderiádesnos explicar un pouco en que consiste o traballo do grupo da Bibliotecra do CRA de Dodro?

Hai dous tipos de traballos: por unha banda a xestión e organización da biblioteca: expurgo, catalogación e informatización  en meiga e adquisición de novos fondos . Por outra banda diseñar actividades a levar a cabo por todos referentes á dinamizar a nosa biblioteca.

Quen integra grupo?

Mª José García Resúa ( titota de Lestrobe) e Mª José Bello Carrera ( profesora de apoio).

Cantos exemplares ou títulos tedes na Bibliotecra? Como os organizades?

Catalogados arredor de 1570, aínda que este nº vai aumentar porque estamos en plena campaña de ampliación de fondos “ A polos 3000”. Para a que, esperamos contar con doacións particulares ou de empresas da zona e con elo aumentar os nosos fondos “ ANIMO”. Decir tamén con respecto a isto que  xa nos chegou unha partida procedente da Consellería de Educación, cultura e deporte consistente en  27 caixas de libros.

A organización é a través dunha adaptación da clasificación decimal universal ( CDU).A gran maioría dos fondos é de literatura (CDU- 82) e dentro dela hai libros de narrativa, poesía, imaxes, adiviñas, banda deseñada e trabalinguas. Outros son libros de consulta catalogados tendo en conta o tema( corpo humano, animais , plástica….), e unha pequena mostra de dvds e cds.
Por que credes que é tan importante que un centro teña unha boa biblioteca?

Porque a biblioteca non a  entendemos como un almacén de libros senón como un recurso educativo máis tanto para os mestres como para o noso alumnado

Que actividades tedes pensado realizar neste curso? E cales a longo prazo?

Neste comenzamos a traballar coa mascota do biblioteca ( Lecra), e as actividades que xiran en torno a ela son:

–  panel coa nosa mascota que aparecera nas bibliotecas de aula do CRA , así como na biblioteca da sede e no clube de lectura

– caderno CANTO LEO CON LECRA ,

– facer a biografía de LECRA, coa axuda do clube de lectura.

– facer unhas chapas con lecra para cada neno/a……

E como ano anterior o noso” caderno viaxeiro” xa está polas casas coa temática dos xogos tradicionais.

Como se vos ocorreu a idea do caderno Canto leo con Lecra? Cal é a finalidade deste proxecto?

Ocorréusenos pola necesidade de ter un rexistro individualizado dos libros que os nenos/as levan para a casa e  por outra banda é unha maneira sinxela   para  implicar as familias e que desfruten cos libros igual que os nenos/as.
Que carencias tedes, tanto no grupo de traballo como na propia Bibliotecra?

A principal carencia como grupo de traballo é a de formación. En ocasións non sabemos como catalogar determinados libros. De aí que actualmente, estamos facendo un curso de informatización dos fondos a través do programa MEIGA e así poder tamén  prestar e devolver a través do programa e que se visualice o movemento dos fondos.

En canto a biblioteca estamos escasos en fondos de consulta e información.O espazo  estásenos quedando pequeno polo que nos gustaría no futuro ter un espazo propio e poder levar a cabo actividades cos nenos/as na propia biblioteca.

Desenvolvedes algún tipo de acción ou actividade con outras bibliotecas?

Na actualidade non, pero é unha actividade que temos pensado realizar no futuro, tanto coa biblioteca municipal de Dodro  como con outras.
Que melloras credes que son necesarias levar a cabo na BiblioteCRA?

Aumento de fondos de consulta e información; algún estante máis; dinamizar máis a biblioteca con actividades nas que se involucre todo o profesorado do CRA; que o movemento da biblioteca empece a visualizase na rede de bibliotecas; participación das familias a través da posta en marcha das mochilas viaxeiras e así poder recoller as súas suxestións e demandas.