A poesía inunda leCRAs, da man da man de Anxo Angueira

Este mércores tivemos unha sesión moi especial en leCRAs. Para festexar, por adiantado, o día internacional da poesía contamos coa presenza do noso veciño e escritor Anxo Angueira. Grazas a el descubrimos a sonoridade da poesía e que entre os nosos nenos e nenas temos moitos poetas. Aquí tedes só un pequeno adianto desta magnífica tarde.