Contamos e navegamos….

Na última sesión de leCRAs mergullámonos no mar da lectura para descubrir grandes tesouros.

A avoa de Adela leunos O zapateiro e os trasnos, unha historia en que uns trasnos axudan desinteresadamente a un zapateiro e a súa muller e coa que aprendemos que sempre hai que ser ben agradecidos ó igual que os personaxes do libro.

Outra avoa, esta vez a de Gabi, leunos ¿Quen son? Un libro con pistas moi fáciles mediante o que descubrimos moitos animais agochados entre as súas páxinas.

Tamén tivemos oportunidade de coñecer as diferentes formas do nariz dun paiaso con Sara, de Chenlo, e a súa mama, en  Tito fai de malabarista.

A través de Nadarín, que nos leu a mamá de Martiño mergullámonos nun océano cheo de marabillas no que o pequeno peixe negro consegue coa axuda dos seus amigos vermellos derrotar o feroz atún.

Tanto nos gustou o mar de Nadarín que nós tamén quixemos facer un, así que cunha caixa de cereais e moita imaxinación creamos uns acuarios preciosos cheos de peixes, augamares e incluso sereas.

Pero se queredes ver o resultado, tedes que ir a leCRA-Galeria.