De volta tralo Nadal

Despois das vacacións de Nadal, o mércores 11 de xaneiro reanudamos as actividades de , leCRAs, o club de lectura do CRA de Dodro

Estre trimestre, grazas á colaboración do Concello contamos con parte da súa biblioteca viaxeira, polo que os nosos nenos puideron ollar e apalpar un número de libros máis amplo no intercambio que facemos todas as sesión antes de comezar coas lecturas.

A avoa de Sarai leunos Orellas de bolboreta e aprendemos que o máis importante non é o noso aspecto físico ou as cousas que posuímos, senón como somos e como nos comportamos coa xente que nos rodea.

Cocorico, que nos leu a mamá de Martiño, ensinounos a facer un biscoito e que é mellor compartir as cousas, porque hai moito Gato Pelado solto que se pode enfadar con nós.

Antía a de Bexo animouse a lernos A casa casa da mosca chosca, aínda que ó final lle tivo que axudar a súa nai.

A mamá de Manuel contounos como Yared, coa axuda de seus irmáns, descobre o mundo da reciclaxe. Tamén nós grazas a este libro, Yared e a reciclaxe, aprendemos que con moitos envases se poden facer cousas novas, así, cunha botella de plástico e moita imaxinación fixemos un petos preciosos con formas de animais para gardar os nosos aforros.

Na próxima xuntanza o día 25 de xaneiro mergullarémonos en novos libros e no taller liberaremos toda a nosa creatividade.

Advertisements