A festa de Nadal de leCRAs foi toda unha celebración!

Belén, a mama de Dani Casal da escola de Teaio repiteu como lectora con “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis”. No que todos os nenos e nenas viron reflexados os nervios que pasan na noite máis ilusionante do ano.

Tamén chegou “Tento mailo Nadal” da man de Begoña, a mama de Sara da escola de Bexo. Outra historia de como no Nadal cúmprense os desexos dos máis pequenos.

Como actuación especial contamos co mago Benxamín que fíxonos rir e sorprendeunos cos seus trucos de maxia.

Para rematar desfrutamos dunha gran merenda mentres planificabamos a vindeira sesión despois das vacacións de Nadal.

Dende aquí, desexámosvos un Bo Nadal e os mellores desexos para o vindeiro ano, que , de seguro, chega cargado de novas actividades e propostas!!!

No apartado Actividades tede o enlace á galería do Festival de Nadal. Disfrutádea!