Mércores de historias e pinturas

Unha vez máis a xuntanza de leCRAs foi do máis interesante!

Esta vez tres mamás léronnos uns divertidos contos:

Jessica, a mamá de Raúl e de Sara da escola de Chenlo, contounos a visita dos Bolechas a unha biblioteca… e deixounos rumiando a idea de organizar unha visita á biblioteca do concello.

María, mamá de Xiana e de Dani da escola de Teaio, leunos un conto ben coñecido por todos Corre, corre cabaciña, entre o aforo notouse ben que era un libro traballado na semana do Samaín nas escolas, porque todos coreaban a un o “…corre corre cabaciña, corre corre cabazón…”

Por último, Ana, a mamá de Xián da escola de Lestrobe, leunos unha historia da que todos poderiamos aprender moito: Yared e a súa nova familia. Yared é un neno africano ao que adoptada unha familia europea, a través dos seus ollos amósanos o sorprendente que lle resulta ver por primeira vez persoas brancas e o raro que se lle fai este concontro.

Ao rematar de ler estas historias, pedimos algún voluntario para contarnos o conto de Hansel e Gretell, xa que o día anterior os rapaces do CRA foron ver esta obra ao teatro. As dúas Antías: Antía Méndez da escola de Chenlo e Antía Otero da escola de Bexo, contaron a dúo a súa versión da historia dos nenos que atopan unha casiña feita de riquísimos doces. Remataron esta divertidísima narración coa canción Es la mejor casa del mundo…, coreada por todos os nenos.

Aínda quedaba a parte máis pringosa da tarde: emborranchar/pintar coas mans os debuxos que nos deixara Iolanda Eiras de Xulián e Baldrás…

Quedaron feitos unhas obras de arte!!!

Despois de tanta expresión artística tocou lavarnos e limpar.

Podedes ver a mostra gráfica de todo esto na nosa sección de galería.