O Samaín tamen chegou a leCRAs

O martes 8 de novembro
celebramos en leCRAs o Samaín xunto con tres meigas moi rebulideiras, un
esquelete bailarín, un vampiro precavido e moitos nenos moi valentes.

Comezamos esa tarde terrorífica
con Cris, a mama de Antía da escola de Bexo, quen nos mostrou un castelo
tebroso onde vivían tres pequenos demos Mefi,
Sata e Demi,
que acabaron por descubrir que portarse mal non era tan
divertido como pensaban.

Despois, a mamá de Dani de
Teaio, leunos A miña amiga a escuridade,
a historia de amizade entre María e a Escuridade que todas as noites entra na
súa habitación pola ventá.

Para rematar decoramos cabazas
que nos trouxo Maite, a mamá de Antía da escola de Chenlo. Houbo quen se
decidiu por pintalas, pero os máis atrevidos baleiráronas e fixéronlles uns
ollos e unhas bocas terroríficas.