Tarde de choiva moi aproveitada

Coa segunda sesión de leCRAs a cousa vaise animando.

O pasado martes, dia 25 na Escola de Imo tivemos unha xuntanza do máis  divertida.
Quentamos motores con Maria a mama de Daniel Collazo, alumno da escola de Teaio, e a lectura do conto “O poliño da abeleira” no que os rapaces demostraron estar moi atentos.

Cando xa tiñamos un gran aforo, con 15 cativos moi animados, Rita, a mama de Martiño da escola de Chenlo, explicounos como se fai un libro da man do conto dos Bolechas.

Descubrimos todos os pasos para a elaboración dun libro, dende o momento do título ata a impresión á cor das súas páxinas. Rita, amosounos tamén o moito que se parecen os libros ás persoas, xa que tamén teñen lombo e barriga!

Despois da teoría chegou a práctica e cada un de nós converteuse en editor do seu propio libro: debuxamos, coloreamos, escribimos, cosemos e cortamos…e…acadamos 15 estupendos libros.

Estando todos atarefados co noso choio, chegou unha visita moi especial  das dúas profes: Mª Jose, encargada da BiblioteCRA, e da profe Valle ás que agradecemos unha vez máis o apoio e o entusiasmo.

Moitas gracias tamén, por suposto, a: Sara e Raul Calvo, Maria, Xian, Gabi, Naira, Carla, Antia Otero, Alba, Sara, Adela, Daniel Collazo, Daniel Casal, Martiño, Antia Méndez e, por suposto a os seus papas, mamas, avoas ou acompañantes.

Podedes desfrutar das imaxes desta xuntanza na Galeria do blog.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s