Invitada estrela en +leCRAs

Dende o primeiro transmitiunos o seu apoio polo traballo deste Club de lectura. A través dun amigo común tivemos contacto e mostrou o seu interese en que participaramos no programa cultural da TVGalicia, ZigZag Diario.

Para nós, este minireportaxe foi todo un acontecemento. Pertencemos a un pequeno concello, a unhas pequenas escolas, a un mundo rural que na actualidade non esta moi cotizado…e dous minutos e medio na tele foron toda unha revolución!

En canto lle propuxemos achegarse á nosa Piteira non o dubidou, aceptou encantada traer a súa mosca da tele e pasar unha tarde cos nosos nenos. Deste xeito, nesta sesión de +leCRAs, Maria Solar, bióloga, escritora, xornalista e mestra, comentará con todos os que nos acheguemos á Piteira este divertido libro e, seguro que tamén, compartirá algunha das súas experiencias no mundo da televisión!!Cartel + lecras_Mosca

Imos cazar un oso!

Parece que sae o sol, e imos organizar unha cacería….pero que ninguén se asute ou se leve unha impresión equivocada, esta cacería será unha festa de risos, sustos e ruído…de novo a nosa Piteira pasa a ser toda unha cova de diversión!!!

Cartel_05.03.14

Moito que contar!

Temos moito atrasado, este foi un trimestre de moito traballo en leCRAs.

Comezou a camiñar a nova sección para os lectores autónomos. Unha sección que non pretende fomentar demasiado esa autonomia, se non, máis ben, fomentar que todos leamos. Nenos e pais, nais, avós…que o libro que traballemos o fagamos todos e todos disfrutemos con novas lecturas.

Así, en +leCRAs lemos “O misterio da casa do Pombal” de Fina Casalderrey, publicado na colección azul do Barco de Vapor e “A pastelería de Dona Remedios” de Agustín Fernandez Paz da editorial Rodeira. Os dous títulos entusiasmaron aos ávidos lectores e despertaron unha gran participación nas sesións conxuntas.

20131204_184101Da man de Susa Herrera cumplimos dous anos de traballo e festexamos o inicio do terceiro curso de leCRAs. Iniciamos as sesións de leCRAs con novos membros na familia (a escola de Bexo comeza a coller ventaxa na participación) e con novos títulos por explorar.

20131016_184517

Celebramos Samaín e Nadal, e non faltou o chocolate, os churro, as letras e as cores

cartel 18_12_13

Fomos ao Culturgal, onde coñecemos e nos coñeceron, onde compartimos e aprendemos. Foi para leCRAs un pracer, un privilexio e unha fiestra aberta.

Tamén as lectoras-tecedoras do CRAlcetando seguen camiño, desta volta coas “Rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes e publicado por Xerais. Para quen queira unirse ainda esta tempo de pasar pola Piteira o 11 de xaneiro e pasar un ratiño á calor dos fios e os libros.

Rematamos na Festa de Nadal do CRA, unha festa feita por todos e para todos, na que leCRAs puxo risas, gaiteiros e teatro coa “Voda do ulga e o piollo”. paga a pena esperar por todos os docuemntos gráficos e audiovisuais que sairon….prometemos incluílos moi pronto!

Á calor dos pequenos pasos.

Na Piteira fai caloriño. Aínda agora, que empeza a chegar o frio seco dos días sen chuvia en Galicia, na Piteira fai caloriño. Cando chega o primeiro neno, co seu pai, nai, avoa…cando entra pola porta a segunda familia…cando se van achegando os que tiñan a encarga de ler esa tarde, os que chegan coa presa de todos os días e por fin sentan no sofá (aínda que sexa naquel da dereita onde se che afunde todo o corpo e quedas nunha posición imposible de mellorar). Cando a Piteira se enche de ruido fai moita caloriña, pese a que a maior parte das veces nos esquecemos de encender a estufa.

A calor sae das ganas con que nos xuntamos, da forza dos nenos ao querer ler e compartir o lido, da ilusión coa que afrontamos cada actividade e do pracer de coñecer novos membros do noso Club.

Desta volta a calor sae dunha invitación, da invitación que recibiu leCRAs para participar no Culturgal. Nun encontro con clubs de lectura que se celebrará o vindeiro 1 de decembro e que para leCRAs supón a mellor das oportunidades para aprender e compartir.

Poderíamos darlle importancia ao feito de que estemos nós entre os sete clubs de lectura invitados de entre todos os que existen en Galicia, poderíamos darlle importancia á repercusión de participar nun evento desta categoría (o máis importante das industrias culturais do pais), ou poderíamos darlle importancia á oportunidade que supón poñer Dodro no mapa da cultura galega….mais queremos darlle importancia á posibilidade que temos de aprender, de falar, de escoitar e descubrir, de debater e de medrar.

Temos leña para rato, a fogata na Piteira segue quentando e aínda que o sofá se afunde un pouco, non deixa de ser dos sitios máis cómodos que coñecemos….

IMG-20130322-WA0017

Outono

A entrada da nosa Piteira esta chea de follas secas, xa case todos fixemos magosto e as cores castañas chegan a leCRAs: “Macario o dromedario”, “Os ourizos cachos e o gran rio gris” e ata ” O apalpador e a castaña máxica”, pasarán a tarde do mércores con todas as familias que queiran quentarse ao calor dos contos.

Sesión_27_11_13

Festexamos o mar!

A casualidade quixo que hoxe teñamos unha sesión adicada ao mar.

Resulta este un tema increiblemente rico na nosa literatura infantil: peixes distintos que atopan o seu sitio ou cangrexos que tocan o violín nunha fermosa praia xa pasaron fai tempo por leCRAs.

Sempre é bo recordalo e redescubrilo, pero hoxe 13 de novembro semella dos mellores días para viaxar cos Bolechas a Illa de Ons ou aprender a mariscar…hoxe é un gran día para festexar o mar!!!

cartel13.11.2013

Segundo aniversario

Cumprimos outro aniño de lecturas compartidas, de busqueda ilusionante da diversión a través dos contos e sobre todo, de xuntanza de familias para traballar con e para os nosos cativos.

Este ano celebrámolo coa especial participación de Susa Herrera na nosa primeira sesión que será unha festa de aniversario cargadiña de música e contos.

Para todos os que fomos leCRAs dende o primeiro día, para os que se foron unindo polo camiño, para as novas caras que queren engadirse a este proxecto e tamén para todo aquel que, simplemente quera compartir esta tarde con nós, estaremos na Piteira a partir das 18.00 horas…entrade sen chamar!!!

Cartel